martes, 29 de septiembre de 2015



 INCITATUS

Incitatus foi o cabalo  favorito do emperador romano Calígulo, cabalo de carreiras de orixe hispano. Vivía nunha corte de mármore con presebe de marfil ata que Calígula mandou construír unha vila para o seu uso exclusivo, con 18 servintes para o seu coidado. Durmía con mantas purpúreas e levaba colares de pedras preciosas. Cóntanos Suetonio que o emperador puxérao na lista de senadores e queríao nomear cónsul.
Incitatus participaba nas competicións celebradas en Roma, e a noite antes de cada competición. Calígula durmía con el e decretaba silencio xeral en toda a cidade. Quen non cumprise podía ser condenado a morte.

1 comentario: